novas de casa milleiro

recoñezo que sou un cú de mal asento: encántame facer novos proxectos, moitísimo máis que de mantelos logo…ás veces. pero cando traballas cun equipo fantástico máis tarde ou máis cedo rematas por voltar a facer, a plasmar ideas.

e nesas andamos o equipo galizaid, cunha idea, tentalo facela servizo web. eu penso que vai molar, mais a ver no que queda finalmente. non é o típico buscador de pisos nen o revolucionario buscador de voos baratos.

queremos facer algo útil para todo o mundo, útil nas nosas vidas (eu ao menos sego usando galizaid para cousas como backpack, basecamp, weblogs sl…) e que sexa sinxelo, sobre todo. que te axude na túa vida, e eu non coñezo un competidor claro actual en internet, o que sempre é moi importante.

e nesas andamos, como dicía. o becho vai molar, e está nacendo moi pouco a pouco. temos que ver se lle montamos un bló, un tumblr, ou algo para ir vendo o progreso e compartilo con todos vós. vai molar, seguro.